Antonio Paz Palmeiro
Data de Nacemento: 14 de maio de 1948
Lugar de Nacemento: Alfoz (Lugo)
Currículum
Estudou o Bacharelato nos Institutos de Mondoñedo e Vilagarcía de Arousa.
É enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid.
Obras realizadas
A súa actividade profesional desenvolveuse inicialmente na Área de Telecomunicación da Dirección Xeral da Policía, como Facultativo de Telecomunicación, en actividades relacionadas coas radiocomunicacións móbiles e participando durante seis anos como integrante da delegación española no Grupo de Cooperación Policial do Consello da Unión Europea e noutros foros internacionais.
Posteriormente, como Xefe da Área de Informática e Transmisións na Dirección Xeral de Infraestruturas e Material da Seguridade do Ministerio do Interior, foi responsable, durante once anos, de proxectos relativos ás telecomunicacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Desde maio de 2011 ata a súa xubilación, foi Director do Programa SIRDEE (Sistema de Radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado) da Secretaría de Estado de Seguridade.