Concello de Paradela

Paradela é un concello situado no sureste de Galicia, polo que discorre o Camiño Francés a Compostela, o que supón paso de peregrinos –terra aberta- desde hai 1.200 anos. Pertence á Ribeira Sacra, terra de mosteiros milenarios, soutos de árbores autóctonas e fermosísimas ribeiras de ríos que invitan ó descanso, á contemplación e á vida.

Paradela está situada ó suroeste da provincia de Lugo, entre o val do Miño e a depresión de Sarria e pertence á comarca de Sarria. Limita ó norte co Concello do Páramo, ó sur cos de Bóveda e O Saviñao, ó este cos de Sarria e O Incio, e ó oeste cos de Taboada e Portomarín.

Nunha extensión aproximada de 120 Km2 vive unha poboación de 2.143 habitantes, que se reparten entre as 18 parroquias do concello: Aldosende, Andreade, Barán, Castro de Rei, Castro de San Mamede, Castro San Martiño, Cortes, Ferreiros, Francos, Laxe, Loio, San Facundo de Ribas de Miño, San Miguel, San Vicente, Sta. Cristina, Santalla, Suar e Vilaragunte.

Xeográficamente o concello está protexido no seu límite oeste polo Miño e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira cunha altitude de 838 mts, sendo a altitude media do concello de 600 mts.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal