Grupo Fonmiñá

O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá nace en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos devotos do mundo da imaxe.

​A fotografía, como medio de perpetuar a vida, deixando constancia do vivido para o futuro, e o cine como sucesión de fotografías acompañadas da palabra e da música, constituían o norte deste grupo de afeccionados que tomaron o nome da lagoa existente no concello de Pastoriza, da Terra Chá, e que na actualidade - máis de corenta anos despois - veñen representar o punto de referencia para falar de imaxe nas terras de Lugo.

Do seu traballo destes corenta anos compre subliñar as Bienais de Fotografía e as Semanas internacionais de Cine de Autor, ademáis de numerosos cursiños, sesións, certames, conferencias, exposicións... sempre relacionadas co cine e a fotografía.

A 1ª Semana Internacional de cine de autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear ós lucenses vencellados coa séptima arte. Nas Semanas de Cine organizadas por Fonmiñá colaboran o Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Xunta de Galicia e GaliciaDigital.

 

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal