Jacobo Vaamonde Rodríguez

Nado en Melide o 15 de novembro de 2007, comeza os estudos na súa vila natal, para posteriormente realizar o Bacharelato Internacional no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela (2023-2025). Neste tempo participa no Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Innovación StemBach da Xunta de Galicia co proxecto de investigación 'El impacto de la actividad maragata en la economía y sociedad gallega' (dir. D. Leopoldo Fernández Gasalla), chegando a obter máxima calificación. Na actualidade, estuda o grao en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra).
En abril do 2025 recibe a Mención de honra do Premio Stephen Hawking de xóvenes investigadores polo traballo mencionado con anterioridade.
No 2019, con 11 anos, publica 'Jacobo y su mundo', a súa primeira obra editorial, na que describe “as súas inquedanzas, reflexións e aficións”.
A maiores da súa actividade académica, colabora activamente con asociacións culturais e musicais da comarca da Terra de Melide no desenvolvemento de festivais (labores técnicos) e na xestión de redes sociais (entre outros), ao igual que nunha axencia de publicidade vinculada a Universidade de Vigo.


