Manuel Suárez Suárez
Data de Nacemento: 3 de abril de 1953
Lugar de Nacemento: Tines, Vimianzo (A Coruña)
Doutor en Dereito e Ciencias Sociais pola Universidade da República Oriental do Uruguai de Montevideo, convalidado en España polo de licenciado en Dereito. É diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática de Madrid. Entre 1986 e 1998 foi coordinador cultural da Fundación "Rosalía de Castro". Foi secretario técnico do "Consello da Cultura Galega" entre 1987 e 1997. Entre os años 2000 e 2001 foi axente de Desenvolvemento Local na Costa da Morte.
Obras realizadas
Colabora con artigos sobre "Emigración Galega" en O Correo Galego e "Galicia en el Mundo". Publicou Lonxe de Montevideo e A emigración galega no tango rioplatense.
Outros datos de interese
É o representante en Galicia da Fundación "Carlos Gardel" e da Academia Nacional do Tango de Uruguai.