María Isabel Fernández García

María Isabel Fernández García (02 de xullo de 1949, Tetuán, Marrocos) é Catedrática de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias de Lugo.

Forma parte do equipo CienciaNOSA, grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica, desenvolvendo a súa actividade en tres liñas fundamentais: “Didáctica da Química”, coa elaboración de novos materiais docentes (audiovisuais, vídeos, etc.); “Historia da ciencia e patrimonio histórico-científico galego”, cun traballo de concienciación sobre a importancia do legado científico e unha posta en valor do traballo das científicas e dos científicos galegos; e “Mulleres e ciencia”, mediante a inclusión da perspectiva de xénero na docencia.

Publicou os artigos ”Científicas lucenses do século XIX e comezo do XX. As primeiras universitarias de Ciencias de Lugo” (LVCENSIA, número 53, volume XXVII, 2016) e “Manuela A. Barreiro Pico, Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900)” (Ed. Deputación Provincial de Lugo, ISBN 978-84-697-4468-0, 2017), nos que moi brevemente se amosa o itinerario dalgunhas das mulleres científicas protagonistas do presente libro.

Conta con numerosas publicacións neste campo, en colaboración co grupo de investigación.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal