Mario Saavedra Pérez
Mario Saavedra Pérez (Pacios, Castro de Rei, Lugo ). Estivo estudando en Lourenzá, Mondoñedo, Lugo, Madrid e Barcelona. Profesor de língua inglesa, francesa, castelá e galego en varios centros de Lugo, Madrid, Barcelona, Pontevedra e A Pastoriza en Primaria e na ESO.
Escritor, investigador e divulgador da cultura popular ( Cruceiros, Cristos, Cruces, Petos de Ánimas, Esmoleiros, Xogos Populares,… Couator de varios libros sobre tema variados. Integrante do “ Proxecto Carboeira “ dende 1998 que ten como obxectivo o estudio, catalogación e divulgación do Patrimonio cultural.
Autor de Contos “ O tío Rufino”, teatro: “ As cousas da vida”,” O zapateiro”,”a ESO”, coordinador de revistas: A luz da escola, O foco , a Gavela e da radio escolar na Pastoriza e relator en Congresos sobre cruceiros,…
Dende o ano 1984 está traballando na Catalogación dos Xogos Tradicionais ( un cento de xogos) dentro da Asociación de Xogos Populares o Cadaval e despois do ano 2007 coordina a Liga de Bolos Provincial de Lugo.
Tamén colabora en medios de comunicación con artigos sobre xogos, cruceiros, lembranzas, bolos, temas sociais e culturais,… en varios xornais (El Progreso, la Voz de Galicia, A Terra Cha naturalmente, Terra Cha Xa, Croa, Revistas dixitais…”. Na actualidade está divulgando o Xogo Popular a nivel Galicia en colexios, centros sociais, feiras medievais, eventos culturais, residencias de maiores,… e colabora na Enciclopedia sobre o Xogo Popular e no Libro de Enredos e Xogos.
Publicacións
LIBROS INDIVIDUAIS
O Tío Rufino, Escola Española, Madrid, 1978 (contos).
LIBROS COLECTIVOS
1.Actas do Iº Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de Pedra, Vigo: 2009. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía “ . ISBN 978-84-87904-90-5. Traballo: “PRIMEIRA RUTA CHAIREGA DOS CRUCEIROS. UN EXEMPLO PARA A SÚA POSTA EN VALOR”.
2.Actas do IIº CoNgreso sobre Cruceiros e Cruces de Pedra. Mos ( Pontevedra : 2010, Estanilao Fernández de la Cigoña Núñez. ISBN 978-84-87904-95-0. TRABALLO: “OS CRISTOS NA PASTORIZA DA TERRA CHÁ”.
3.Actas do IIIº Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de Pedra “, Mos,Pontevedra , 2011, ISBN 978-84-87904-99-8.
4.Cruceiros, Cristos, e Cruces da Pastoriza, O Castro, Sada ( Coruña ), 2002, ISBN 84-8485-074-9. EN COAUTORÍA CON FERNANDO ARRIBAS ARIAS E XOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.
5 .Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros de Abadín, O Castro, Sada (Coruña), 2007, ISBN 978-84-8485-254-4. EN COAUTORÍA CON FERNANDO ARRIBAS ARIAS E XOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.
6.Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras, Junior, S.L.,Vilalba ( Lugo ) 2009, ISBN 978-84-936797-3-6. EN COAUTORÍA CON FERNANDO ARRIBAS ARIAS E XOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.
7.Cruceiros do Concello de Vilalba, Junior S.L., Vilalba ( Lugo ), 2012, ISBN 978-84-936797-9-8. EN COAUTORÍA CON FERNANDO ARRIBAS ARIAS E XOSÉ MANUEL BLANCO PRADO.
8. A Luz da Escola, A Pastoriza, Educación, 1984 (COORDINADOR).
ARTIGOS DE BOLETÍNS E REVISTAS - INDIVIDUAIS
REVISTA DIXITAL “ETNOGRAFÍA” (COORDINADOR: XOSÉ M. BLANCO PRADO). WWW.MESONDOFORNO.COM. 2010.
“OS XOGOS POPULARES: ALGUNHAS LEMBRANZAS, SONOS E HISTORIAS”.2010.
“OS CRISTOS NA PASTORIZA DA TERRA CHÁ (LUGO)”.2011.
“CATÁLOGO DE CRUCEIROS, CRISTOS E CRUCES DO CONCELLO DE RIOTORTO (LUGO)”. 2012.
Fonte: Mesón do Forno