Mary C. Otero Rolle
Categoría: Poeta e cantautora
Data de Nacemento: 5 de abril de 1965
De raíces galegas por parte paterna e madrileñas por parte materna, Mary C. Otero Rolle trasládase de moi pequena (dous anos) a Viveiro (Lugo). Nesta vila da costa lucense é onde Mary se inicia na poesía e na música. Tras diplomarse en Maxisterio en Lugo, inicia a carreira de Empresariais que non remataría. Casada con Santiago Rodríguez López (Barcelona) en 1997, trasládase a Santiago de Compostela nese mesmo ano, onde nace o seu fillo Carlos. Dende 2002 vive en Inglaterra, residindo inicialmente en Southampton e desde 2006 en Bristol.
Obras realizadas
A maior parte da súa produción poética ten lugar desde a adolescencia ata finais dos anos 90. Froito desta actividade é o seu primeiro libro (Luces en la arena, 2012), que é unha recompilación de poemas da autora centrados no tema do amor. É tamén autora de moitos outros poemas aínda inéditos. En relación á súa faceta musical, Mary C. Otero Rolle musicou varias das súas poesías así como poemas doutros autores galegos como Darío Xohán Cabana, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Rodríguez López, destacando varias actuacións musicais en Televisión Lugo.