Raúl Taboada López

Nado en O Páramo (Lugo), terminou o ensino medio en Lugo, fixo estudos de Maxisterio en Ourense e de Dereito en Santiago de Compostela, opositou á Administración Local, empezou a súa vida laboral e desenvolveuse no sector da banca como director en varias oficinas de Galicia.

Desde mozo, influenciado por frecuentes contactos con escritores da época, interesouse polos seus relatos literarios, en especial a poesía, que xa evidenciaba oralmente nos seus tempos de estudante.

Ocupado nos labores profesionais, só recitaba algo nas reunións con amigos, e non foi ata a xubilación cando optou por deixar constancia escrita das súas creacións, dando preferencia ao romántico e á natureza. Aborda calquera tema, xa que en todos sente libre, cómodo e realizado.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal