Xohán de Requeixo

Xohán de Requeixo foi un xograr galego de finais do século XIII. Levan o seu nome un colexio e a biblioteca municipal de Chantada.

Existen discrepancias sobre o lugar do seu nacemento, aínda que o seu nome e a súa obra conservada inducen a pensar que naceu na parroquia de Santiago de Requeixo. Antonio Rei Somoza sitúao nunha concesión foral de 1247 que realiza o abade de Oseira ao seu favor. O escritor Xosé Lois García Fernández sostén que era un sacerdote da parroquia de Requeixo.

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal