Apega

Apega

Estamos inmersos nunha realidade complexa na que conflúen cambios vertixinosos con problemáticas anquilosadas que precisan unha resposta integral e integradora. Dende a Pedagoxía e Psicopedagoxía debemos enfrontar propostas que atendan tanto ás situacións conflictivas como ás posibilidades e alternativas latentes na sociedade actual.

APEGA (Asociación Profesional de Pedagogos/as e Psicopedagogos/as de Galicia) nace como unha asociación preocupada e implicada en dar resposta a estas necesidades sociais dende unha perspectiva socioeducativa e interdisciplinar. Consideramos que esta labor debe ir paralela con un maior recoñecemento social e profesional da Pedagoxía e Psicopedagoxía, coherente coa demanda e esixencias cada vez máis explícitas por parte da sociedade cara á Educación.

Como pedagogos/as e psicopedagogos/as, atopámonos cunha identidade profesional colectiva difusa que precisa o compromiso de todos nós na labor conxunta, cohesionada e consistente de construir unha Pedagoxía Galega con nome propio.

Ante esta situación APEGA constitúese como unha asociación profesional "de" e "para" pedagogos/as e e psicopedagogos/as. Como un lugar de encontro, intercambio e participación na construcción e articulación da Pedagoxía e e Psicopedagoxía que queremos.

É unha iniciativa de Brandán Comunicación e o Colectivo Egeria destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, e que doutro xeito non tería acceso a elas.

ENTRAR

Contacta

  • Brandán Comunicación
    Colectivo Egeria
    C/Montero Ríos, 60-62 - 1ºD

    27002 - Lugo (Spain)

  • +34 676 456 461
  • correo@egeria.gal