José Luis Ramudo Ramudo
José Luis Ramudo Ramudo (Andorra La Vella, 1978) é Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira profesional no diario El Progreso, nas delegacións de Vilalba e Burela, ata a súa incorporación á Cadena Cope, primeiro como responsable da emisora local da capital chairega e logo como xefe de informativos en Lugo.
Foi delegado da Axencia Galega de Noticias (AGN) nesta provincia e colaborador de diversos medios, entre eles o xornal económico Nova+. Na actualidade é redactor xefe de Cope Lugo, correspondente da axencia EFE nesta provincia e colaborador de opinión do diario El Progreso.