Grupo Fonmiñá
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá nace en Lugo a mediados dos anos setenta polas inquedanzas duns mozos devotos do mundo da imaxe.
A fotografía, como medio de perpetuar a vida, deixando constancia do vivido para o futuro, e o cine como sucesión de fotografías acompañadas da palabra e da música, constituían o norte deste grupo de afeccionados que tomaron o nome da lagoa existente no concello de Pastoriza, da Terra Chá, e que na actualidade - máis de corenta anos despois - veñen representar o punto de referencia para falar de imaxe nas terras de Lugo.
Do seu traballo destes corenta anos compre subliñar as Bienais de Fotografía e as Semanas internacionais de Cine de Autor, ademáis de numerosos cursiños, sesións, certames, conferencias, exposicións... sempre relacionadas co cine e a fotografía.
A 1ª Semana Internacional de cine de autor celebrouse en Lugo en 1979. Desde entón, cada ano, o mes de setembro constitúe unha cita xa imprescindible para os cinéfilos que poden mergullarse no mundo do cine e homenaxear ós lucenses vencellados coa séptima arte. Nas Semanas de Cine organizadas por Fonmiñá colaboran o Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Xunta de Galicia e GaliciaDigital.