Paco Ledo
Naceu no lugar de Pacio, da parroquia chantadesa de San Martiño de Mariz, en 1952. Estudou na escola primaria de Mariz, obtendo o graduado escolar.
De extensa cultura labrega e dedicado a gandería.
En 1977 publicou o seu primeiro poemario, "Poesía dun labrego", primeiro libro de estrea da Editorial Albarellos. en 2016 publica "Nos cumes do cántico".
Ten colaborado e colabora en diversas publicacións, onde seus poemas están presentes en antoloxías e revistas en Galicia e no resto de España e Portugal. Actualmente publica os seus versos en diversos medios dixitais, preferentemente en Facebook.